Quempallou – Que chova!! Lyrics

Se chove deixa chover-e
Se orballa deixa orballar-e
Qu'eu ben sei das abrighadas
Onde m'hei d'ir abrighar.

Se queres que saia a Lúa
Fecha os ollos meu amor-e
Que mentres os tes abertos
A Lúa pensa que hai Sol

Pero que chova, que chova, que chova
Pero que chova
Que chova a cachón!
Máis que non mexen, non mexen, non mexen
Máis que non mexen
Por riba de nós!

Non te troco miña rula
Non te troco meu amor-e
Nin pola prata da Lúa
Nin polo ouro do Sol

O Sol prende nunha liña
As estrelas nun cordónhe
A Lúa con fío de seda
E ti no meu corasón!!

Pero que chova, que chova, que chova
Pero que chova
Que chova a cachón!
Máis que non mexen, non mexen, non mexen
Máis que non mexen
Por riba de nós!

Comments (0)