Estou tranquila porque vou morrer,
non sei se aquí, non sei se o mes que vén.
Igual que o que canta.
Igual que os que escoitan.
Parece triste pero non o é,
de feito riste cando o pensas ben:
das medias que rompen,
das leis que preparan,
do reloxo biolóxico,
de por que pos esa cara.
Só quero entender, sen lume na man,
as cousas que arden e as que ficarán. Que hora vai ser, Alexanderplatz? Facémosche plas, plas, plas.
Coa bici estática de túa nai e as guías prácticas do que non hai,
pasamos a tarde
en total liberdade.
Quérote ben, pero xa se verá
se o noso amor será internacional.
Por países varios
doeranme os ovarios.
As miñas ideas e a puta bandeira.
Só quero entender, sen lume na man, as cousas que arden e as que ficarán.
Aparecerán por riba de min as letras de fin, fin, fin.
Comments (0)