E decidín regresar a Alcatraz:
foi o mesmo camiño pero do revés.
Aínda batía nos muros o mar,
pero xa non había ninguén.
Detrás da cidade aínda hai restos de po.
Na vida primeira matei e roubei.
Era moi tarde para che falar de amor
e agora é cedo para caer.
Somos o ferro nas veas, somos o pouco que queda
dos días de sangue quente.
Os anacos de xabón soben até o corazón con orgullo delincuente.
Alcatraz outra vez,
coa cabeza moi alta e unha moi agradábel masaxe nos
pés. Alcatraz, aquí estou de regreso da grande evasión.
Non vin San Francisco nin falta que fai
(dicían que tes que levar unha flor).
A min as viaxes fanme vomitar
e na casa cómese moito mellor.
Non vin os moluscos do mar do Xapón.
Non vin os solpores de Guiné Bissau.
Non vin as estrelas no espazo exterior.
Fóra todo era o caos.
Este foi o meu planeta,
tan cheo de bolboretas que non hai sitio para a xente.
Fóra vai moita calor e eu onde mellor estou é no meu lugar de sempre.
Alcatraz outra vez,
coa cabeza moi alta e unha moi agradábel masaxe nos
pés. Alcatraz, aquí estou de regreso da grande evasión.
Comments (0)